Thursday 09 de May de 2024

A rede de Centros Socioculturais programa unha ducia de actividades de fomento da lectura con motivo do Día Internacional do Libro


A Concellaría de Centros Socioculturais programou unha decena de actividades con motivo do “Día Internacional do Libro” que se celebra o 23 de abril. Son en total sete accións de fomento da lectura que se desenvolverán nos CSC de Santa Marta, Vite, O Romaño, Conxo e Fontiñas. E como apoio, para impulsar a participación da cidadanía, tres accións en redes, entre as que figura unha recomendación de libros.

As actividades presenciais organizadas pola rede de Centros Socioculturais de Santiago, en torno á biblioteca José Saramago son:

Exposición dos libros máis recomendados no CSC de Santa Marta, durante a semana do Día do Libro, do 19 ao 24 de abril.

“Saímos a cazar historias. Solta de libros nas proximidades da biblioteca”, do 19 ao 24 de abril.

“Un libro, unha rosa”. O xoves, 22 de abril, no CSC de Vite. Coincidindo co Día Internacional da Madre Terra plantaranse flores de gomaeva polos parques do barrio.

“Lectura do Quixote”. Manualidade. No CSC do Romaño, o xoves, 22 de abril, de 17:00 a 18:30 h.

Solta de libros polo barrio, organizada polo CSC de Vite, para o venres, 23 de abril.

“Muíños ou xigantes. Achegamento á obra máis coñecida das nosas letras”, O Quixote. No CSC de Conxo, o venres 23 de abril, ás 19:00 h.

“Na procura do libro agochado”. No CSC das Fontiñas o sábado, 24 de abril, ás 11:30 h.

Estas dúas últimas actividades están destinadas a nenas e nenos maiores de sete anos; e precisan inscrición previa no teléfono 981 52 87 40

Redes sociais
Tamén se programaron outras tres accións no facebook de Centros Socioculturais Santiago de Compostela son:

“Menú Quixotesco”. O xoves, 22 de abril. Trátase dunha homenaxe a Miguel de Cervantes por medio da gastronomía. Publicarase o menú que aparece recollido nas pasaxes de “Don Quijote de la Mancha”.

O teu libro preferido. Para compartir, mediante un comentario en facebook o 23 de abril, o título da túa obra preferida.

Recomendación de libros, o propio venres, 23 de abril, Día do Libro.

Todas as persoas interesadas en algunha destas actividades poden obter máis información nos teléfonos dos distintos centros socioculturais.